A influencia da constatación do cambio climático sobre a enerxía nuclear
Como xa comentamos anteriormente, ante a preocupación polos efectos do cambio climático e a certeza de que a
era dos combustibles fósiles baratos toca á súa fin, os defensores das centrais proclaman que a
enerxía nuclear é necesaria para afrontar o declive na subministración de combustibles fósiles e
que ademais non emite gases de efecto invernadoiro como o CO2. A xustificación desta hipótese é que,
dado que as altas temperaturas que fan funcionar unha central nuclear non se orixinan nun proceso de combustión (son o
resultado da calor xerada pola fisión do átomo), a industria nuclear pode garantir que as centrais non emiten
CO2 nin outros gases de efecto invernadoiro.
Coñecendo o ciclo de funcionamento dun reactor nuclear, poderiamos calcular o CO2
(o 2 en subíndice) emitido ao longo do mesmo.
O funcionamento dunha planta nuclear depende dunha infraestrutura industrial que se basea nun complexo circuíto.
Estas centrais funcionan cun combustible, o uranio, que non é demasiado abundante na Terra, o que implica complexas
explotacións mineiras, grandes instalacións industriais para fabricalo e longas viaxes entre cada etapa do
ciclo.
Minería → Explotación mineira de Uranio → Produción de mineral de uranio
concentrado → Conversión do mineral de uranio concentrado en hexafluoruro de uranio (UF6)
→ Enriquecemento do UF6 → Fabricación do combustible
→ Transporte á central nuclear → Almacenamento dos residuos.