A importancia do uranio na enerxía nuclear
O uranio é o combustible que se utiliza nas centrais nucleares para a produción de enerxía nuclear. O
U-238 é o isótopo natural do uranio máis abundante na natureza, pero, non obstante, nos reactores
utilízase o U-235 (que tan só se atopa nun 0,7 %) debido a que resulta máis doado controlar a súa
fisión. Os minerais dos que se extrae o uranio conteñen menos do 1 % de (U3O8), que se
concentra en masas de óxido que son procesadas para o seu enriquecemento en U-235 ata alcanzar aproximadamente un 4 %
ao fabricar as barras de combustible para as centrais.
A fisión dos núcleos dos átomos de uranio libera unha cantidade inxente de calor que é
aproveitada para xerar enerxía eléctrica. Unha central nuclear de auga a presión (como as de Ascó
e Almaraz) de 900 MW de potencia consegue con 26 tn de uranio enriquecido xerar a electricidade equivalente á obtida
por unha central térmica, que queima 1,8 millóns de toneladas de carbón ou 1,2 millóns de tn de
fuel.