Emisión dos productos
Xa temos visto moitos gases participantes no laboratorio da atmosfera, pero como funciona esa atmosfera para que se
consigan todas esas reaccións das que falamos anteriormente?
O proceso neste laboratorio comeza ao depositárense na atmosfera os contaminantes e pode continuar pola permanencia
destes no medio gasoso, onde van evolucionar e viaxar en función das propiedades dos compostos e condicións
ambientais. Así pois, as emisións dos produtos no laboratorio da atmosfera comezan cando todas as substancias
pasan a atmosfera despois de deixar as fontes das que proceden.
Unha vez producida a emisión, os compostos distribúense pola atmosfera segundo un proceso de
dispersión que, principalmente, depende de dous tipos de factores:
- Específicos do contaminante: velocidade de saída, temperatura, forma, tamaño, etc.
- Meteorolóxicos: velocidade do vento, gradiente de temperatura do aire, turbulencias atmosféricas.
As zonas anticiclónicas aprécianse nas fotos satélites como grandes áreas sen nubes. A nivel
local identifícanse moi ben os días despexados nos que o fume non ascende