Choiva ácida
Chámase choiva ácida á precipitación acuosa, ou deposición seca, de pH anormalmente
baixo, que contén en disolución ácidos sulfúrico e nítrico, producido, coma xa vimos
anteriormente, pola combinación de óxidos de xofre (SO2) e de nitróxeno (NO2) co
vapor de auga atmosférico. Estes contaminantes no aire poden transformarse en forma de choiva, neve, auganeve, sarabia
ou néboa. O modo máis frecuente é en forma de auga, de aí o nome de choiva ácida.
Considérase choiva ácida cando o pH é inferior a 5’6.
Os efectos da choiva ácida
A choiva ácida ten impactos negativos sobre os ecosistemas do medio. Acidifica os solos e a auga, danando plantas e
animais. Afecta gravemente a grandes extensións de árbores, debilitándoas por danos na follaxe. A choiva
ácida pode disolver, de xeito gradual, edificacións de pedra.