Riscos por labores mineiras de interior
A minaría do carbón desenvólvese tanto en explotacións de interior como de superficie
(minaría a ceo aberto). Nos labores mineiros de interior (como a maioría dos da conca asturiana), o
carbón extráese principalmente mediante a utilización de máquinas de corte que descargan o
material en fitas transportadoras. Normalmente, o grosor mínimo para que unha capa sexa explotada é duns 60 cm.
Este tipo de minaría implicou desde sempre un risco moi grande, debido a desprendementos e explosións nos
pozos, e mesmo hoxe en día as cifras de mortes por esta actividade son moi elevadas. Nos últimos anos a
minaría do carbón en Ucraína rexistraba uns 300 ou 400 mortos ao ano. No 2000 nunha soa explosión
perderon a vida uns 80 mineiros.