Riscos de contaminación na trituración pulverización e combustión
O carbón que se utiliza nas centrais térmicas pasa por un proceso previo de trituración e
pulverización tras o cal é introducido nas cámaras para queimar. Os compoñentes orgánicos
destrúense durante a combustión, pero os minerais sofren unha transformación dando lugar a residuos,
como son as cinzas voantes e as escouras. Estas últimas acumúlanse no fondo da cámara de
combustión mentres que as cinzas, que poden ser desprazadas polos gases xerados na combustión, se recollen
nunhas moegas especiais para seren transportadas cara ás zonas de almacenamento. Na composición destas cinzas
entran elementos contaminantes como poden ser o Cr, As, S, etc., polo que o control do almacenamento debe ser estrito para
evitar a liberación destes elementos ao medio co risco de contaminación das augas subterráneas.