E se lográramos parar as emisións ?
Se os gases efecto invernadoiro se mantivesen constantes aos niveis actuais, calcúlase que o impacto total dos
factores existentes para forzar a mitigación tardaría varias décadas en notarse. Isto débese a
que elevar a temperatura da Terra supón non só quentar o aire e a superficie terrestre, senón
tamén derreter o xeo e, o que é máis importante, quentar os océanos, procesos que forman parte do
proceso xeral do quecemento global.
A xeoloxía achega datos precisos de que a atmosfera contén moito máis CO2 (378 partes por
millón) do que tivo nos últimos 420 000 anos. O pico anterior foi de 299 partes por millón e alcanzouse
hai uns 325 000 anos. Crese que a última vez que os niveis do dióxido de carbono foron comparables aos de hoxe
foi durante o período cálido do Plioceno medio, hai tres millóns e medio de anos. A Xeoloxía
tamén nos proporciona datos de que o Planeta está case tan quente como o estivo en calquera momento dese
período de tempo. Un aumento de temperatura nas marxes que prevé o informe IPCC 2007 para finais de
século de 4 ou 5 graos, parte media baixa do espectro de proxeccións para finais de século, supón
que o mundo entrará nun réxime climático totalmente novo, do que os humanos, nos máis de 160 000
anos que levamos no Planeta, non temos experiencia previa.