A preocupación polas emisións das economías emerxentes
Nas próximas décadas a maior parte de incremento vaise dar en China e en India, onde a
oferta de carbón supera a de gas e petróleo. China está a aumentar a súa produción de
carbón a un ritmo superior a gigawatt por mes, estando chamada a superar a EE UU como maior emisor de carbono no 2025.
Isto pon en cuestión as cuñas, pois estes países emerxentes recarbonizarán. Este posible
escenario de recarbonización é o que fai dubidar máis de que logremos resolver o quecemento global.
En canto ao modelo enerxético baseado nos combustibles fósiles, China está na plataforma de
lanzamento, apostando só por centrais alimentadas con carbón. No seu proceso de industrialización
está seguindo un modelo implantado en EE UU hai 45 anos. As súas fábricas funcionan con motores
obsoletos e enormemente ineficientes; o seu sistema de transmisión de enerxía está anticuado. Se
modernizase as súas fábricas e apostase polas enerxías renovables, podería reducir as súas
centrais de carbón a unha terceira parte. Estes datos deben facernos pensar en que ten que xurdir un novo protocolo
que posibilite a colaboración internacional para conseguir que a industrialización destas economías
emerxentes sexa acorde coa mitigación do cambio climático.