A máquina de vapor e o culto as grandes estructuras de aceiro
Na teima de redución do tempo de transporte, buscouse aproveitar o feito de que a máquina de vapor era
máis eficiente canto maior fose o seu tamaño, polo que se tendeu a facer grandes redes de transporte (tren e
barcos) que necesitaban estruturas maleables e resistentes. O material por excelencia para cumprir con esas premisas era o
ferro forxado ou aceiro. Este ten moita resistencia, e ademais é lixeiro, polo que se aproveitou para construír
ferrocarrís e barcos de grandes dimensións capaces de albergar grandes máquinas de vapor para conseguir
o máximo de eficiencia.
Tamén se fixeron pontes de ferro importantes. Esta cultura da enxeñería do ferro deu paso aos
primeiros rañaceos de Chicago e a monumentos como a Torre Eiffel, que no seu momento representou a construción
máis elevada do mundo. Estas construcións, símbolos da orde de gran magnitude, ao fabricárense
con aceiro obtido en siderurxias alimentadas con carbón mineral, supuxeron o inicio dun proceso industrial que, debido
ao seu alto consumo de combustibles fósiles, está dende entón a xerar unha importante desorde ambiental
de acordo coa segunda lei da termodinámica.