Investigación sobre a fusión como solución
Os reactores de fusión que xeran enerxía por unión de núcleos atómicos aparecen como
técnicas enerxéticas definitivas para o xénero humano, xa que a enerxía se produce polo mesmo
mecanismo que a produce o Sol. Os isótopos de hidróxeno (deuterio e tritio) que se necesitarían para o
proceso de fusión poderíanse obter da auga do mar.
Na actualidade, esta opción estase a investigar no acelerador de partículas ITER (Reactor Experimental
Termonuclear Internacional), que despois de case 20 anos acaba de obter a aprobación definitiva. Este proxecto ten 3
grandes obxectivos:
- Demostrar que un gran tokamak é capaz de controlar a fusión en helio de dous isótopos do hidróxeno (deuterio e tritio) durante o tempo suficiente para xerar 10 veces a enerxía que consome.
- Ensaiar métodos que permitan utilizar neutróns rápidos creados na reacción para xerar tritio, un dos combustibles.
- Integrar as diversas técnicas necesarias para lograr unha central eléctrica baseada na fusión nuclear.
Os obxectivos son moi ambiciosos de cara a conseguir cantidades moi grandes de enerxía con emisións cero. A
complexidade do reto tecnolóxico fai dubidar de se a fusión fará unha gran contribución no
século XXI para o reto do cambio climático ou se será unha solución para o século XXII e,
por conseguinte, distante deste gran reto do século XXI.