Necesidade ou inercia?
Se reflexionamos un pouco sobre a nosa vida e as nosas accións diarias, decatarémonos de que consumimos
moito, e moito máis do que nos fai falta. Os motivos deste consumo incontrolado, que nos leva cara a unha
autodestrución a nivel global, son moi complexos e dificilmente estudables e xeneralizables a todos os individuos.
Agora que xa somos un pouco máis conscientes do imprescindible que é a enerxía nas nosas vidas, cabe
preguntarse canto e como consumimos e cales son as consecuencias dese consumo. Empregamos a enerxía que necesitamos?
Ou realmente estamos a malgastala? Que consecuencias ten o emprego que estamos a facer da enerxía?
Espertas, apagas o espertador, acendes a luz, tomas unha ducha de auga quente, escoitas música mentres te vistes,
torras un pouco pan e quentas algo de leite... O día apenas comezou e o único que fixeches foi empregar
enerxía!