O carbón como solución á morte por conxelación
Esta crise xa se evidenciou no século XIII na cidade inglesa de Newcastle, onde os habitantes quedaron sen
leña, o que os abocaba a unha morte segura por conxelación. Para afrontar esta crise, o rei autorizou a
extracción de carbón como fonte de enerxía alternativa. Esta crise foise incrementando e estendendo a
outras rexións. Así, no século XV, o papa Pío II deixou escrito que, durante unha visita a
Escocia, lle sorprendera ver ás portas das igrexas fileiras de xente que recibían como esmola fragmentos dunha
pedra negra.
O carbón usábase por necesidade de supervivencia, pero era tratado con desprezo, como unha fonte de
enerxía de calidade inferior, pois era sucio e producía moita contaminación. Ademais, o carbón
era máis difícil de extraer e tratar que a madeira, pois é máis dificultoso extraer carbón
das minas e preparalo para o seu uso que pinchar árbores.