O transporte de carbón condicionou a ubicación das cidades
Como as máquinas de vapor tiñan un baixo rendemento en pendentes superiores ao 2%, as novas liñas
seguiron os ríos e fondos de vales. Isto tendeu a desprazar a xente do interior e a amontoar a poboación nas
cidades terminais, nos empalmes e nas cidades portuarias, aumentando tamén a tendencia a establecer novas comunidades
urbanas ao longo das principais liñas de transporte. A partir da segunda metade do século XIX o ferrocarril
chegou a Oriente, India, China e Xapón, levando consigo métodos e ideas desta civilización mineira na
que apareceu.
Este desenvolvemento da minería fixo que o ferro se conseguise barato e en grandes cantidades e que o carbón
permitise o desenvolvemento dunha importante industria siderúrxica. Así, ao ser o ferro barato e a
enerxía abundante, a industria siderúrxica pasou a ser subministradora de múltiples aplicacións,
ferramentas e instrumentos de ferro, relegando a importancia da madeira como materia prima.