O carbón como solución á morte por conxelación

unidad2

Esta crise xa se evidenciou no século XIII na cidade inglesa de Newcastle, onde os habitantes quedaron sen leña, o que os abocaba a unha morte segura por conxelación. Para afrontar esta crise, o rei autorizou a extracción de carbón como fonte de enerxía alternativa. Esta crise foise incrementando e estendendo a outras rexións. Así, no século XV, o papa Pío II deixou escrito que, durante unha visita a Escocia, lle sorprendera ver ás portas das igrexas fileiras de xente que recibían como esmola fragmentos dunha pedra negra.

unidad2

O carbón usábase por necesidade de supervivencia, pero era tratado con desprezo, como unha fonte de enerxía de calidade inferior, pois era sucio e producía moita contaminación. Ademais, o carbón era máis difícil de extraer e tratar que a madeira, pois é máis dificultoso extraer carbón das minas e preparalo para o seu uso que pinchar árbores.