As necesidades e solucións do trasporte de carbón

Con esta invención o carbón pasou a ser accesible na superficie en cantidades importantes para o seu consumo, pero había que conseguir transportalo aos mercados de toda Inglaterra, pois as máquinas de vapor permitiron obter excedente de carbón. En principio, o transporte empezou a facerse con carros, pero os camiños cheos de lama dunha Inglaterra moi chuviñenta dificultaban moito o proceso, o que deu lugar a que se utilizase un maior número de cabalos, incidindo aínda máis na falta de alimento para as persoas, xa que non se podían dedicar a arar a terra.

unidad2

unidad2

A solución a esta crise do transporte de carbón canalizouse a partir do invento da locomotora de vapor e da vía férrea.

A bomba e a locomotora de vapor respondían a unha tecnoloxía moito máis complexa e con maior consumo de enerxía que a machada, o carro e o cabalo da era da madeira. Este é un exemplo máis e moi evidente de como ao longo da historia os cambios cualitativos na tecnoloxía sempre se dirixiron cara a unha maior complexidade e a un maior gasto de enerxía para a obtención da mesma, polo tanto a unha menor eficiencia, porque un cambio crítico no medio conduciu sempre cara á fontes de enerxía menos dispoñibles e máis difíciles de acadar. Por conseguinte, os cambios de ciclos tecnolóxicos levan a aumentar o consumo de enerxía por unidade de produto final.

Un bo exemplo de cómo ao aumentar a complexidade tecnolóxica diminúe a eficiencia témolo na agricultura moderna. Hoxe en día pódese obter vinte veces máis colleita nunha hectárea de campo que na Idade Media, pero para conseguir unha caloría en forma de gran, gástase vinte veces máis enerxía nos labores e na fertilización, acelerando así a desorde do medio, o que conduce á acumulación de residuos, o que neste caso supuxo o inicio da acumulación de gases invernadoiro, responsables do actual cambio climático, ademais doutras moitas substancias contaminantes. Isto é o denominado “progreso”.