As necesidades e solucións do trasporte de carbón
Con esta invención o carbón pasou a ser accesible na superficie en cantidades importantes para o seu
consumo, pero había que conseguir transportalo aos mercados de toda Inglaterra, pois as máquinas de vapor
permitiron obter excedente de carbón. En principio, o transporte empezou a facerse con carros, pero os camiños
cheos de lama dunha Inglaterra moi chuviñenta dificultaban moito o proceso, o que deu lugar a que se utilizase un
maior número de cabalos, incidindo aínda máis na falta de alimento para as persoas, xa que non se
podían dedicar a arar a terra.
A solución a esta crise do transporte de carbón canalizouse a partir do invento da locomotora de vapor e da
vía férrea.
A bomba e a locomotora de vapor respondían a unha tecnoloxía moito máis complexa e con maior consumo
de enerxía que a machada, o carro e o cabalo da era da madeira. Este é un exemplo máis e moi evidente de
como ao longo da historia os cambios cualitativos na tecnoloxía sempre se dirixiron cara a unha maior complexidade e a
un maior gasto de enerxía para a obtención da mesma, polo tanto a unha menor eficiencia, porque un cambio
crítico no medio conduciu sempre cara á fontes de enerxía menos dispoñibles e máis
difíciles de acadar. Por conseguinte, os cambios de ciclos tecnolóxicos levan a aumentar o consumo de
enerxía por unidade de produto final.
Un bo exemplo de cómo ao aumentar a complexidade tecnolóxica diminúe a eficiencia témolo na
agricultura moderna. Hoxe en día pódese obter vinte veces máis colleita nunha hectárea de campo
que na Idade Media, pero para conseguir unha caloría en forma de gran, gástase vinte veces máis
enerxía nos labores e na fertilización, acelerando así a desorde do medio, o que conduce á
acumulación de residuos, o que neste caso supuxo o inicio da acumulación de gases invernadoiro, responsables do
actual cambio climático, ademais doutras moitas substancias contaminantes. Isto é o denominado
“progreso”.