O transporte de carbón condicionou a ubicación das cidades

Como as máquinas de vapor tiñan un baixo rendemento en pendentes superiores ao 2%, as novas liñas seguiron os ríos e fondos de vales. Isto tendeu a desprazar a xente do interior e a amontoar a poboación nas cidades terminais, nos empalmes e nas cidades portuarias, aumentando tamén a tendencia a establecer novas comunidades urbanas ao longo das principais liñas de transporte. A partir da segunda metade do século XIX o ferrocarril chegou a Oriente, India, China e Xapón, levando consigo métodos e ideas desta civilización mineira na que apareceu.

unidad2

Este desenvolvemento da minería fixo que o ferro se conseguise barato e en grandes cantidades e que o carbón permitise o desenvolvemento dunha importante industria siderúrxica. Así, ao ser o ferro barato e a enerxía abundante, a industria siderúrxica pasou a ser subministradora de múltiples aplicacións, ferramentas e instrumentos de ferro, relegando a importancia da madeira como materia prima.