Iluminación

Tamén para iluminar espazos precisamos enerxía. Sen luz artificial non poderiamos ver nos lugares en que non houbese luz solar. Aquela permítenos non só ver tras o solpor, senón tamén desenvolver actividades en espazos pechados. A nosa forma de vida fainos totalmente dependentes desta iluminación artificial e da enerxía necesaria para facela funcionar.

A iluminación artificial non só se emprega no interior dos fogares ou dos lugares de estudo e traballo, senón que está presente en espazos abertos, nas rúas, nas estradas... o cal en certas rexións do mundo repercute de forma negativa na observación astronómica, provoca perturbacións nos hábitats naturais, hiperluminosidade para o tráfico, tanto terrestre como aéreo e marítimo, etc.

Unidad 2