As centrais nucleares termoeléctricas
O proceso de fisión nuclear libera unha enorme cantidade de calor, que nunha central nuclear se utiliza para facer
ferver a auga; o vapor impulsa unha turbina que, ao xirar, acciona un xerador e este produce a electricidade.
Os neutróns son controlados para que non explote o reactor mediante unhas barras de control, que ao introducirse
absorben neutróns, diminuíndose así o número de fisións, co cal, dependendo de cantas
barras de control se introduzan, xerarase máis ou menos enerxía. Normalmente introdúcense as barras de
tal forma que só se produza un neutrón por reacción de fisión, controlando desta forma o proceso
de fisión. Se todas as barras de control son introducidas, absórbense todos os neutróns, co cal se
pararía o reactor. O reactor refrixérase para que non se quente demasiado e funda as proteccións,
converténdose deste xeito nunha bomba atómica ata que se pare, xa que a radiación fai que o reactor
permaneza quente.
Un reactor nuclear é unha instalación na que se produce unha reacción de fisión nuclear de
modo controlado.
Os reactores nucleares son instalacións para o aproveitamento da enerxía producida pola escisión
artificial dos núcleos dun elemento radioactivo. Esta escisión, ou fisión nuclear, obtense bombardeando
con neutróns os núcleos do elemento.