Contaminantes primarios

Contaminantes primarios.

Os gases que estes focos achegan a atmosfera son: dióxido de carbono (CO2), monóxido de carbono (CO), óxidos de xofre (SOX), óxidos de nitróxeno (NOX), metano (CH4) e outros hidrocarburos, gases fluorados (HFC, PFC, SF6).

Unidad 2

Formación dos contaminantes primarios.

Centrarémonos na combustión dos recursos fósiles, que é o que nos compete neste tema.

  • Os combustibles fósiles conteñen os seguintes elementos: Hidróxeno H
    Carbono C
    Xofre S
  • Conteñen tamén elementos como: Nitróxeno N2
    Humidade H2O
    Minerais

Cando queimamos combustibles fósiles emítense os seguintes gases:

O hidróxeno convértese en vapor de auga, H2O.

O carbono convértese en CO2 e CO (se non hai aire suficiente).

O xofre convértese en dióxido de xofre, SO2.

Os produtos da atmosfera.

Xa vimos os reactivos da atmosfera; agora veremos como estes gases poden reaccionar entre si e cales son os produtos que obtemos. Veremos tamén qué condicións poden facer que reaccionen doutro xeito, dando outros produtos diferentes, para mais adiante falarmos de qué problemas atmosféricos son protagonistas estes gases.

Coa auga como disolvente, a temperatura de combustión alta ou coa acción da luz solar obteremos contaminantes secundarios.

Unidad 2