Cales son os sectores co maior crecemento do consumo
Este crecemento vai facer aumentar a demanda de alimentos. Segundo este mesmo informe, os sectores que
experimentarán un maior incremento no consumo de enerxía a nivel mundial serán o sector industrial e o
do transporte, ambos cun crecemento previsto de 2,1% ao ano. Nos países de mercados consolidados será o sector
comercial o que creza a un ritmo máis rápido que o resto dos sectores, debido ao desenvolvemento das
comunicacións e dos equipamentos para oficinas.
Os dous sectores que experimentarán maior crecemento en todo o mundo son os que na actualidade xa consomen a maior
parte da enerxía: o do transporte e o da industria. E así acontece tamén no caso da Galicia. A
continuación, móstrase unha gráfica cos consumos de enerxía de cada un dos sectores.
Se comparásemos estes datos cos do consumo dos diferentes sectores no ámbito europeo veriamos que o noso
consumo doméstico é inferior ao da UE (26,4% no 2004), debido en parte a un consumo máis baixo de
enerxía por termos unha climatoloxía con temperaturas máis suaves que moitos países europeos.
Pero presentamos un maior consumo industrial que o da UE (27,6% no 2004), por mor da presenza de industrias que desenvolven
actividades cun gran consumo de electricidade.