Calor

Un dos usos básicos do consumo enerxético actual é a produción de calor. De non ser por esta enerxía calorífica non poderíamos habitar en rexións do mundo con climas moi fríos, e a nosa vida en latitudes mornas carecería do confort con que contamos. Así, desde as fogueiras ata a calefacción, a enerxía calorífica fai máis agradable, e mesmo posible, a nosa vida.

Unidad 2

Esta enerxía tamén nos permite cociñar. Isto é fundamental para certos grupos de alimentos, como os mariscos e as carnes, xa que coas altas temperaturas se eliminan os microorganismos e bacterias que poderían ser fonte de infeccións. Ademais, cociñando os alimentos increméntase o tempo de conservación dos mesmos.