O esgotamento dos recursos enerxéticos como motor da historia

O exposto neste capítulo pon de manifesto que o esgotamento dos recursos enerxéticos é o motor da historia da humanidade. Sendo así, na historia poden identificarse diferentes ciclos, cada un asociado a unha certa composición de recursos enerxéticos. Cando eses recursos se esgotan, ábrense novos ciclos. Cada un deles iníciase cun período de abundancia dos recursos que permite a estabilidade da sociedade e o seu crecemento. Este aumento da poboación supón un aumento de presión sobre os recursos, diminuíndo o abastecemento. Para facer fronte á escaseza, desenvólvense melloras tecnolóxicas para o manexo dos recursos, que incrementan a eficiencia enerxética. Aínda así, as dificultades de abastecemento chegan a ser tan grandes que sobrevén a crise enerxética. A crise trae consigo un período de penuria durante o cal se experimentan novas tecnoloxías na procura de maior dispoñibilidade enerxética. A obtención de novas tecnoloxías restaura a dispoñibilidade enerxética a través da explotación dun novo recurso, abrindo así un novo ciclo.

unidad2

unidad2