Os nosos "combustibles": nutrintes
Cando falamos de enerxía, referímonos á capacidade que teñen os obxectos de experimentar cambios na súa posición, nas súa propiedades, na súa constitución ou estado. A enerxía, polo tanto, ponse de manifesto cada vez que ocorre un cambio, sexa do tipo que sexa, pero a mesma capacidade para producir o cambio xa se considera enerxía potencial. Neste sentido, nós, como todos os seres vivos, estamos en continuo cambio e, xa que logo, necesitamos ter unha achega continua de enerxía. Esa enerxía que precisamos para vivir obtémola dos nutrientes dos alimentos.