O proceso de migración dende a rocha nai ata as rochas almacén
A cantidade de materia orgánica que se atopa soterrada cos sedimentos é moi escasa; representa tan só
o 1% da producida. Deste xeito, unha vez formado, o petróleo ten que migrar desde o seu lugar de formación ao
que se coñece como “rocha nai” (lutitas e margas, principalmente), a través de formacións
rochosas porosas e permeables, como areíscas ou calcarias, ata o lugar de acumulación (“rochas
almacén”). O último paso para que a acumulación do hidrocarburo alcance niveis rendibles de
explotación é que se formen “trampas”, é dicir, algún obstáculo que o confine
e evite unha nova migración. Estas trampas poden ser estruturais (pregamentos, faias) ou estratigráficas
(formacións impermeables que cobren e selan as rochas porosas). Moita xente alberga a idea errónea de que o
petróleo forma grandes lagos subterráneos. Isto non é certo. O petróleo aparece aloxado nos poros
das rochas, sendo as areíscas os mellores almacéns para os hidrocarburos.