A importancia da máquina de vapor para o transporte de carbón
O ferrocarril representou unha innovación tecnolóxica importante, e cando no século XIX empezou a
utilizarse para o transporte de pasaxeiros, as cidades dese século fóronse unindo mediante travesas de madeira,
converténdose nunha prolongación da mina de carbón. Como o custo do transportte do mineral aumentaba coa
distancia, as industrias pesadas tenderon a concentrarse cerca das vetas carboníferas. Durante este século
tamén se puxo en funcionamento o barco de vapor, que foi aumentando progresivamente de tamaño, de tal xeito que
en 1858 xa navegaba o Great Eastern, coñecido como “monstro do Atlántico”, de 691 pés de
longo, 22 500 toneladas brutas e 1600 CV nos seus motores con hélices e 1000 CV nas súas rodas de paletas.
A universalización da máquina de vapor en locomotoras e barcos aumentou a demanda de carbón –
incluso en zonas de occidente onde o acceso á madeira aínda era posible a finais do século XVIII, como
era o caso de Rusia e de América – converténdose así as poboacións nunha
prolongación da mina de carbón.