A evolución crea illas de orde aumentando os océanos do desorde
En xeral, para un nivel trófico de heterótrofos (n), este inxire (In) parte da biomasa da que
dispón o nivel trófico anterior na súa Produtividade Secundaria (Pn-1). A cantidade non inxerida
(Pn-1-In) morre e descomponse para diseminarse en forma de calor. Da enerxía inxerida coa comida (In),
parte non entra no metabolismo celular (non é asimilada) e, polo tanto, expúlsase polas feces dese nivel
trófico (Fn), e tamén será descomposta e polo tanto disipada en forma de calor. Do inxerido,
pérdese na respiración das células unha parte da enerxía asimilada (Rn) e a restante
acumúlase nos enlaces de C responsables do aumento da biomasa dese nivel trófico e que, polo tanto, van
supoñer a Produtividade Secundaria dese nivel trófico (Pn), que contén a enerxía
dispoñible para o seguinte nivel trófico (n+1), que xa serán carnívoros de primeira ou
máis ordes, que inxerirán parte dela. Unha forma de valorar a eficiencia destas transferencias
enerxéticas é calculando a eficiencia ecolóxica (EE) do nivel trófico como EEn = Asimilado por
n/Asimilado por n-1;
Aínda que nos sexa custoso aceptalo, os datos das eficiencias ecolóxicas indican que canto máis
elevada se atope unha especie na escala evolutiva e na cadea trófica do seu ecosistema, máis grande é a
desorde que crea no medio. A evolución consiste en crear illas de orde á custa de aumentar os océanos de
desorde. Xa que logo, debemos aceptar e recoñecer a segunda lei da termodinámica na vida e no noso contorno
humanizado para adoptarmos comportamentos enerxéticos máis acordes co Planeta.