As respostas da 2ª lei
A 2.ª lei da termodinámica é a que dá resposta a cuestións tales como cánta
cantidade dun tipo de enerxía pode ser transformada noutro tipo de enerxía, e cánta queda en forma de
calor nese proceso. É a lei que explica cómo a enerxía, se ben non se destrúe nunca, si que vai
perdendo a súa capacidade de converterse en traballo útil, como vimos no anterior exemplo. Daquela,
aínda que a enerxía do Universo nunca vai diminuír, si que o fará a capacidade da enerxía
para transformarse en traballo.
Aplicando a segunda lei ao conxunto do Universo, temos que partir da teoría do Big Bang, que postula que o Universo
comezou coa explosión dunha fonte de enerxía enormemente densa. A medida que esta enerxía densa se foi
expandindo cara ao exterior comezou a perder velocidade e a formar galaxias, estrelas e planetas. O Universo empezou cunha
orde completa e con altísimas temperaturas, e desde aquela non deixou de moverse cara a un estado máis
desordenado, arrefriando paulatinamente e camiñando cara ao equilibrio térmico. Esta idea é contraria
á concepción antropocéntrica da historia terrestre, segundo a cal a evolución histórica da
nosa intervención para aproveitar as fontes de enerxía nos permite conseguir máis orde en menos tempo e
con máis eficiencia. A segunda lei ensínanos que, en termos de escala do Universo, nunca aforraremos tempo nin
gañaremos eficiencia utilizando maiores cantidades de enerxía, porque canto máis rápido se
consuma a enerxía do mundo, menos tempo lle quedará ao Universo.