A enerxía hidráulica: primeira liberación da escrabitude
Pero chegou un momento en que os exércitos de Roma tiñan que buscar os escravos moi lonxe, o que levou o
imperio a verse abocado á crise enerxética, debida á carestía dos escravos.
Como consecuencia desta crise, empezaron a gañar terreo e a desenvolverse invencións que permitían utilizar outras formas
de enerxías que puidesen superar a forza humana e animal, e a enerxía hidráulica foi unha
solución, xa que con dous muíños daquela época se obtiña o mesmo traballo que o que
facían 100 escravos a moer. Esta é a primeira revolución enerxética baseada nas ferramentas de
aproveitamento de enerxía non muscular (enerxía exosomática).